CURSO DE SOLDADURAS DE ACEIRO APLICABLES AO SECTOR NAVAL E OFFSHORE

18 febrero 2019

Thune Eureka está a realizar o Curso de Soldaduras de aceiro aplicables ao sector naval e offshore, co obxectivo de mellorar a cualificación profesional da nosa plantilla, o que contribúe a medrar en competitividade e presenza no mercado. Esta formación está financiada a través dunha axuda concedida pola Consellería de Economía Emprego e Industria da Xunta de Galicia, dentro das subvencións do Programa de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para las empresas galegas, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020.